10.11.11

SAÍDA Á BOUZA: COMEZAMOS A COÑECER A NOSA CIDADE.

Os nenos e nenas de 4º fixemos unha saída moi interesante: fomos coñecer un dos poucos, ou único, parque natural que hai en Vigo: A BOUZA. Nel medran árbores, arbustos e prantas que medraron ceibes. Tamén hai unhas charcas que teñen rás e outros bichiños. Hai moitos carballos que dan unha sombra moi boa. E ata hai ortigas! levamos follas e flores para o cole e facer murais con elas. Temos que coidar este espazo natural para que cada vez estea mellor e poidamos disfrutar dela todos os vigueses e viguesas. Canto aprendemos!!!

No hay comentarios: