10.11.11

O SAMAÍN DO SEIS

A NOITE DO SAMAÍN. 2011 AS CAVEIRAS DE CABAZAS. Estimadas familias: Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as xoldras festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: a maioría das veces para render contas inacabadas. N a páxina bibliovictorsaenz.blogspot.com é interesante: • http://www.cubpack81.com/images/carve_pumpkin.swf ( para tallar caveiras no ordenador) • As Unidades Didácticas da web do Norberto. • A webquest sobre o Samaín. • O xogo do Samaín. • O video e a letra da Canción do Samaín de Mamá Cabra. http://www.youtube.com/watch?v=x_6qK2wiB44 ( video e canción de “Corre corre Cabaciña”) www.blogoteca.com/orecantodemik/ e senon, con poner en google: Recursos para o Samaín, xa está. Como sempre, faremos unha EXPOSICIÓN coas caveiras que fagan na casa cos seus fillos e fillas.Hai que traelas o luns, 24. Mentras a fan pódenlle contar contos sobre o tema ou botarlle imaxinación e inventar outros . Así melloran a súa expresión no galego, que lles fai boa falta. ¡ Hai unhos doces moi ricos que se fan coa polpa cocida da cabaza,ovos, fariña e azucre! Estamos dispostos a probalos se alguén os trae feitos. UUUhhhmmmm! Para aproveitar o papel, pedímoslle que por detrás os nenos e nenas recheen e adornen a súa cabaza favorita .Logo hai que pegala ,deixando un espazo para meterlle un fío e traela ao cole, recortada, para poñelas polo colexio adiante.

No hay comentarios: