25.11.10

O CASTIÑEIRO DO SEIS: 4ª PARTE

AO PRIMEIRO CICLO TOCOUNOS FACER CASTAÑAS. SEMELLAN CASTAÑAS DE VERDADE!!!


O CASTIÑEIRO DO SEIS : 3ª PARTE

Ás nenas e nenos de Educación Infantil tocounos facer as follas do castiñeiro, pintalas e pegalas. Pasámolo moi ben facéndoas.

O CASTIÑEIRO DO SEIS :2ª PARTE

Os nenos e nenas de Educación Especial pintamos o chan do castiñeiro. E que ben nos quedou!!!

O CASTIÑEIRO DO SEIS: 1ª PARTE

OS E AS DO 3º FAN O TRONCO DO CASTIÑEIRO.


18.11.10

AS CASTAÑEIRAS DO MAGOSTO DOS SEIS

A que somos unhas castañeiras ben guapas!

...E OS DE INFANTIL TAMÉN XOGAMOS, SALTAMOS, ENCESTAMOS, E...COMEMOS CASTAÑAS ASADAS.

Os pequechos e pequechas do Ensino Infantil tamén tivemos os nosos xogos: saltamos, encestamos castañas nun caldeiro e un aro nun cono de xinasia. Seremos uns grandes atletas, ah...e tamén comemos castañas, peladas polas profes para que non nos queimaramos.

17.11.10

...E TAMÉN A ENCESTAR CASTAÑAS!!!

Encestamos castañas pero non era tan doado, saían das caixas para fóra. Era preciso facelo con moito tino e a modo. Ainda encestamos algunhas!

...E TAMÉN AOS BIRLOS.

Xogamos aos birlos e fíxémolo bastante ben. Ainda atinabamos ben coa bola!!!


...E TAMÉN AO PANO

No xinasio xogamos ao pano. Canto corremos meu deus!!!

...E TAMÉN AS BÓLAS

E volvemos lembrar como se xoga ás bólas. Están moi ben estes xogos.

...E TAMÉN AOS IO-IÓS.

Pasámolo moi ben cos ió-iós, ainda que era difícil controlalos. Precisamos máis práctica.

12.11.10

XOGAMOS AOS PEÓNS


CHEGOU A HORA: A COMERRRRRRRRRR!!!


Que boas están, que ricas. Os profes e as profes asáronas moi ben!!

XA CHEIRA O FUME E AS CASTAÑAS VAN REGAÑANDO!!!



PREPARAMOS AS FOGUEIRAS.

Con leña e carbón prendemos lume no bidón e remexamos,remexamos para que as castañas comamos.



11.11.10

5 DE NOVEMBRO: MAGOSTO NO SEIS!!!

O venres, día 5, se non chove, imos celebrar o Magosto. Faremos xogos populares con castañas, asaremos castañas, tiznarémonos, bailaremos, etc, en fin, procuraremos pasalo o mellor posible. Cada curso terá o seu bidón e a súa tixola para facer o lume. Os nenos e nenas teñen que aportar un cuarto de kilos de castañas, aprox, xa amoxetadas para que non estouren e tamén leña, podendo ser delgada, para que queime máis axiña. É mellor que este día traian roupa o máis cómoda posible e que non haxa problema con manchala. Cóntenlle aos nenos e nenas como celebraban vostedes o Magosto, se o facían, onde, como, etc para que eles tamén vaian coñecendo a nosa historia e a importancia das castañas na vida dos galegos e galegas.
Xogaremos ao peón ,ás bólas, aos io-ios, á palma, ao pano e á rá, rotando todos e todas polas diferentes estacións.Dentro do posible faremos cos máis pequechos saias e diademas coas follas de castiñeiro e colares de castañas, que tamén poden traer feitos da casa.
Moitas grazas pola súa axuda e colaboración.

É TEMPO DE MAGOSTO! COMAMOS CASTAÑAS ARREO.

A CASTAÑA EN GALICIA

Hai xa miles de anos que hai castañas en Galicia. Algúns expertos din que os castiñeiros veñen da zona de Oriente Medio(Turquía) e que de alí se espallaron por toda Europa. Na Idade Media, cando se construiron a meirande parte dos mosteiros de Galicia, os monxes foron limpando os montes de arredor e plantando máis ca nada castiñeiros e viñas. Deste xeito medraron moitos bosques de castiñeiros, que se chaman SOUTOS.
Ata hai uns douscentos anos en que se empezaron a sementar en Galicia as patacas traídas de América, as castañas eran o alimento principal dos galegos durante o inverno. Comíanse de moitos xeitos: asadas, cocidas, con leite, con mel,etc.Hai uns cen anos apareceu un fungo ( a TINTA ou filoxera) que se metía nos castiñeiros e facíaos apodrecer. Desapareceron miles de árbores.
O CASTIÑEIRO( Castanea Sativa) debe o seu nome á antiga cidade de Kastania, na península turca de Anatolia.Pode medrar cultivado ou asilvestrado.É unha árbore de folla caduca que vive entre o mar e os 1000m. de altura, en chans acedos. As follas son longas, grandes e de beiras dentadas, con peciolos curtos que lle caen todos os anos polo outono. A flor chámase CANDEA e cando está florida atrae moito ás abellas. Os froitos son os ourizos, verdes e con moitos pinchos, que se abren en catro partes soltando as castañas. A súa madeira é moi apreciada en mobles, portas, etc.
En algunhas zonas de Galicia guíndanse os ourizos ao chan coas baloiras,logo amoreanse nas ouriceiras, písanse e cando abren, cóllense e lévanse ao canizo para que sequen. Noutras zonas cóllense directamente do chan e lévanse para a bodega, fano diariamente pois os xabaríns acaban con elas.
A CASTAÑA é rica en vitaminas B,B,PP e C., mesmo asada ou cocida non perde a vitamina C..É pobre en sodio e rica en potasio, polo que a recomendan aos nefríticos, cardíacos, hipertensos, artríticos e reumáticos. Tamén contén importantes cantidades de ferro, manganeso,cobre,iodo, fósforo e calcio. Pero é preciso mastigala ben para que na súa asimilación evitar a formación de gases.
O MAGOSTO é unha festa de orixe pagá, posteriormente acristianada. É unha festividade solar relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, coma representación do sol, deus fecundador da terra. Debía considerarse coma un banquete funerario no que a castaña( medra, incha e reventa) e o viño (sangue da terra) podían simbolizar a morte e a vida.É unha comida que reforza os vencellos comunitarios e sociais sendo de acción de grazas polos froitos recolleitos.
Esta festa deu lugar a unha cultura gastronómica ( con receitas moi variadas) ,cantigas, ditos e refráns, adiviñas, etc.Tamén deu lugar a nomes de pobos ( Soutelo), apelidos ( Souto), etc.

Imos facer na entrada un Castiñeiro do Seis espectacular!!!!!!!!!!!

EXPOSICIÓN DE CAVEIRAS.

As familias traballaron moito cos nenos e nenas facendo os debuxos das caveiras e tallándoas

10.11.10

TALLEMOS CAVEIRAS!!!

CHEGA O SAMAÍN: UUUHHH, MAMASIÑA, QUE MEDO!!!

A NOITE DO SAMAÍN.
AS CAVEIRAS DE CABAZAS.
Estimadas familias:
Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Na páxina: bibliovictorsaenz.blogspot.com é interesante:
• http://www.cubpack81.com/images/carve_pumpkin.swf ( para tallar caveiras no ordenador)
• As Unidades Didácticas da web do Norberto.
• A webquest sobre o Samaín.
• O xogo do Samaín.
• O video e a letra da Canción do Samaín de Mamá Cabra.
http://www.youtube.com/watch?v=x_6qK2wiB44 ( video e canción de “Corre corre Cabaciña”)

Como sempre, faremos unha EXPOSICIÓN coas caveiras que fagan na casa cos seus fillos e fillas.A partires de mañá xa se poden traer. É un bo momento, mentras a fan, para facela coas súas ideas , para que lle conten contos con moita imaxinación sobre o tema, e para mellorar a súa expresión no galego.
¡ Hai unhos doces moi ricos que se fan coa polpa cocida da cabaza,ovos, fariña e azucre! Estamos dispostos a probalos se alguén os trae feitos. UUUhhhmmmm!
Para aproveitar o papel, pedímoslle que por detrás os nenos e nenas rechen e adornen a súa cabaza favorita e a traian ao cole, recortada, para poñelas polo colexio adiante.

COMEZO DO CURSO,UAU!!!!


BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2010-2011

BENVIDOS E BENVIDAS A ESTE NOVO CURSO

Saúde para a nosa lingua!!!