22.12.09

LANZAMOS UN FOGUETE

Visitounos Juan, o papá de Iago e fíxonos un experimento no patio moi divertido. Meteu auga nunha botella, logo cun inflador meteulle aire a presión e cando xa a botella non aguantou máis....pum! estoupou e saiu voando igualiño ca un foguete. Os nenos e nenas de Infantil tamén axudamos e fixemos varios. Moitas grazas, Juan!!!! Volve outra vez con máis experiemntos que nos gustan moito.


16.11.09

MAGOSTO 2009

O venres, día 13 de Novembro celebramos o Magosto. Fixemos xogos populares con castañas, asamos castañas, tiznamonos, bailamos, etc, . Cada curso tiña o seu bidón e a súa tixola para facer o lume. Os nenos e nenas aportaron un cuarto de kilo de castañas cada un, aprox, xa amoxetadas para que non estouraran e tamén leña.
Xogamos ao peón ,ás bólas, aos io-ios, á palma, ao pano e á rá, rotando todos e todas polas diferentes estacións.Os de educación infantil fixemos un circuito,a encestar castañas e bolas en cubos e con aros
.

¡QUE BEN O PASAMOS!




A MIÑA CASTAÑA FAVORITA

Debuxos que os nenos e nenas fixeron en familia, "A miña castaña favorita no 2009".



15.11.09

RECEITA:"BISCOITO DE CABAZA"

En Educación Infantil fixemos unha receita:"Biscoito de cabaza".

Ingredientes:

-1/2 vaso de puré de cabaza.
-1/2 vaso de aceite de xirasol.
-3 ovos.
-2 iogures sabor limón.
-2 vasos de azucre.
-3 vasos de fariña.
-Levadura.

Mesturamos todo nun bol e batémolo ben.Untamos un molde e vertémolo dentro.Metémolo no forno,prequentando a uns 180 graos.O cabo de 15 minutos baixámoslle a 160 graos e ó pasar outros 15 ou 20 minutos máis xa debe estar cocido.Sacámolo do forno e deixámolo arrefriar.

¡BO PROVEITO!


13.11.09

SAMAIN 2009 NO SEIS

Como todos os anos celebramos o Samaín coa participación de toda a Comunidade educativa do Seis.
Fixemos unha exposición coas caveiras que os nenos/nenas fixeron coas súas familias.
¡Que imaxinación,creatividade,..!Caveiras monstruosas,divertidas,...


¡RECUPEREMOS O SAMAIN!.A XOGAR COAS CABAZAS!




O RECANTO DO MILLO

Temos na Expo unha pranta de millo real,con mazarocas,a flor-pondón-,e fariña de millo.Tamén hai barbas de mazarocas-boas para facer infusións-cosco e carozos.
As clases de 3º e 4ºfixeron un estudo sobre os distintos tipos de muiños para moer o millo,as súas partes,a historia e curiosidades sobre el así como anuncios publicitarios.


9.11.09



EXPO-OUTONO DO SEIS

22.10.09

OS NENOS E NENAS DE 1º VISITAMOS A EXPOSICIÓN DA PINTORA GALEGA MARUJA MALLO NA CASA DAS ARTES DE VIGO.

Gostounos moito, aprendemos moitas cousas sobre a vida e os cadros de Maruja Mallo e na clase imos pintar como o facía ela. Cando chegamos alí xa sabiamos o nome de moitos cadros porque xa o traballaramos na clase coa profe Tolla e o profe Emilio.



A NOSA TERRA NO OUTONO


“ Na casa e na escola o galego mola” ( O Fiadeiro)


Estimadas familias:
Este curso o tema colectivo do noso centro xira sobre : “
O CEO E A TERRA”.
Desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística “ O FIADEIRO” pensamos que sería bo comezar a traballar co máis próximo e , pouco a pouco ir chegando ao ceo. Por elo, neste tempo de outono, no que comezo o curso e no que acontecen cambios tan impresionantes na natureza que nos rodea, é moi interesante que o noso alumnado os coñezan e participen deles. Así faremos unha gran exposición na entrada que se chamará:
A NOSA TERRA NO OUTONO”.
Aproveitando que ven a fin de semana, pedímoslle, como sempre a súa colaboración , para que comenten (mellor, en galego) e observen a natureza cos seus fillos e fillas e traian todo aquelo que fai referencia a este tempo: froitos, follas, fotos relacionadas co outono, abalorios feitos cos productos, refráns, ditos, cantigas, contos, etc.
Moitas grazas pola súa colaboración.

Benvid@s ao curso 2009-10

ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more

28.6.09

EXPOSICIÓN:"A nosa pintura"

Todo este curso o adicamos á pintura do mundo e os meses de maio e xuño á pintura e á cultura galega.
Para a súa inauguración contamos coa presencia do pintor Ramón Méndez Paz e Emilio.
O cadro central é un tapiz de Seoane.
Cadro pintado e donado por Cabaleiro.
Debuxos do alumnado de educación infantil sobre os petroglifos de Chandebrito.
Retratos de Ramón Piñeiro o o arco da vella.
Mural adicado ás Letras Galegas.
Grandes cadros feitos polos nenos e nenas de distintos niveis de Primaria con distintas técnicas plásticas.
Exposición:Patrimonio cultural inmaterial:é cousa de tod@s.


25.5.09

CORRELINGUA 2009

Fomos a unha marcha para facer unha festa da lingua galega.





PINTAMOS O MAIO

Pintamos o "Maio do Seis"




Historia sobre "As festas do ciclo de Maio":

Aínda que non están moi claras as súas orixes parece indiscutible a celebración do espertar da natureza,a protección de vexetais e animais,o inicio do amor nun contexto dinamizado pola ledicia diante do alborexar da vida nova.

En Galicia hai varias manifestacións:

-Manifestacións agrarias:alumear o pan(Outes,Rois e Negreira),os ramos(xestas ou codesos nas terras despois de sementalas).

-Manifestacións pecuarias:enfeitar con flores o gando,as cortes ou apeiros de labranza.

-Manifestacións mariñeiras:ramos nos barcos ou maios en forma de barco.

-Manifestacións lúdicas:os arcos(nas prazas e camiños),a árbore de maio(árbore moi alta con pólas só no curuto no que se colgaba un boneco),os maios(maios humanos-persoas cubertas de ramiños e flores-,maios figurados-figuras cónicas ou piramidais cubertas con ramiños e flores,arredor dos cales se cantan coplas-a As Maias-pagás(nenas pedindo froitos e diñeiro) e cristiás(altares engalanados con flores diante da Virxe).

-Manifestacións amorosas:os primeiros días de maio eran moi axeitados para o amor e a galantería.Os mozos fanlle as beiras ás mozas e namóranas.

-Manifestacións cristiás ou cristianizadas:O Santoral(moitos santos fixéronse cargo da protección de cultivos,animais e sementes),Ramos,cruces e benzóns(a auga bendita,a poliña de oliveira..),As cruces de maio(O 3 de maio foi mudando para facer a exaltación de santa Cruz),Ramos procesionais(procesións portando ramiños e ofrecéndollos aos santos e a Virxe),escenificacións relixiosas(Só se conservan en Laza-Ourense-é unha representación de Adán e Eva mesturado con danzas e os mouros e os cristiáns).

27.2.09

O GRAN DÍA: O DESFILE

Pintamos o Entroido.
Fixo un día marabilloso, saímos do colexio pola Rúa Mondariz, Rúa Redondela, Avenida de Castelao e baixamos pola rúa Tui para entrar no colexio. Había moita xente mirando para nóa e aplaudíndonos. Quedou moi ben!
Había bailarinas, pífanos, lápices vermellos, azuis e verdes, moitos cadros, arlequíns e montaxes de cadros como as meninas, pita cega, etc.
Fixemos coplas e queimamos o meco. Ata o ano que ven!

4ª ORDE DO MECO: MANDIL OU BATA DE CASA

A que estamos moi ben

! Debecemos porque chegue mañán! Uau!!!!

18.2.09

AS PROFES ENTROIDAN POLAS RÚAS E...ATA VAN AO INSTITUTO


GÜI,GÜI,GÜI, AS DO ENTROIDO, AS DO ENTROIDO
GÜI,GÜI,GÜI, AS DO ENTROIDO ESTAMOS AQUÍ

ENTROIDO 2009: O MECO E OS MURAIS DA ENTRADA

Fixemos o MECO, que nos ordea o que temos que traer cada día. Tamén coas nosas familias fixemos un debuxo as personaxes dos entroidos típicos de Galicia: peliqueiros de Laza, pantallas de Xinzo, cigarróns de Verín, boteiros de Viana, etc

ENTROIDO 2009: 3ª ORDE DO MECO. ABALORIOS, PULSERAS, COLARES...

Oxe viñemos con todos os abalorios que tiñamos na casa. Se os xuntamos todos enchemos un camión!!!

ENTROIDO 2009: 2ª ORDE DO MECO : ZAPATOS DIFERENTES.

Que guapiñas e juapiños estabamos! Viva o Entroido do Seis!!!!!!!

16.2.09

ENTROIDO 2009: 1ª ORDE DO MECO : TRAER UN SOMBREIRO OU GORRO NA CABEZA.

Comezamos a semana do entroido: estabamos todos e todas moi guapos e guapas cos sombreiros, gorros, boinas... Mirade, mirade...

15.2.09

CELEBRAMOS O DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

O día 30 de xaneiro lembramos este día con actividades moi variadas. Traballamos nas clases e escribimos mensaxes metidos en cadros para facer un mural. A paz non se fai nun día , é algo para traballar todos os días na nosa vida.
Ademais fixémoslle unha homenaxe a Suso Jares, mestre, que morreu en setembro e que dedicou toda a súa vida a loitar para que nas escolas se aprenda a convivir e se eduque para a paz

A PAZ NO SEIS