18.12.08

16.12.08

BO NADAL E ANINOVO DESDE O FIADEIRO

UN NADAL DE PINTURA

MAZAPÁN: QUE RICO!!!

OS NENOS E NENAS DAS AULAS DE EE FAN MAZAPÁN

Nestes días os nenos e nenas das aulas de Educación Especial xunto coas súas mestras e a "maître" Loli de Educación Infantil fixeron unha xornada de convivencia e fixeron unha receita de mazapán. Saiu boísima, os mazapáns estaban saborosísimos! Uhmmm!

OS TRABALLOS COAS PATACAS

A PATACA : PREMIO Á EDUCACION DO CONSUMIDOR

O noso cole recibiu un premio moi importante da Xunta de Galicia no apartado da Educación do Consumidor. Realizouse o proxecto ao longo do curso pasado e fíxose todo na nosa lingua. Observamos patacas na clase , fixemos a sementeira, vimos como medraban, os escarabellos que lle atacaban, fixemos debuxos, xoguetes cos nosos pais, mapas das zonas productoras de Galicia,contos e máis cousas. Pero o máis importante foi que aprendemos que debemos comer máis patacas porque son moi nutritivas e ademais son moi importantes para a economía deGalicia.

29.11.08

Hoxe na radio do colexio, as nenas e nenos da clase de 4ª de infantil A fixemos unha colaboración .Quixemos compartir con tódalas nenas e nenos do cole un poema de Antonio Garcia Teijeiro, escollido do seu libro Chove nos Versos.

A CHOIVA PEITEA
AS ONDAS DO MAR
CON PEITES DE ESCUMA
E BICOS DE SAL;
E POUSA OS ORBALLOS
NA FACE DO MAR

14.11.08


CANTIGAS E POEMAS DE 4 ANOS A


UN VERSO ……..
UN ALOUMIÑO.
DOUS VERSOS …….
DOUS ALOUMIÑOS
TRES VERSOS……
UNHA CHEA DE ALOUMIÑOS


Neste curso e grazas a esta pequena escolma de cantigas e poemas de Antonio Gª Teijeiro, Xosé Mª Álvarez Blázquez , Ánxeles Ferrer, Manuel Mª , Rosalía de Castro, pasearemos polo mundo dos versos e pasaremos moi bos momentos
Estes poemas co seu ritmo permítennos descubrir a linguaxe poética e escoitar,recitar, lembrar e…gozar
Acompañaremos a cada unha delas cun pequeno traballo plástico integrando poesía, arte e música.
Gozade co seus traballiños

11.11.08


Xa comezamos a xogar na cidade de CONSUMÓPOLIS.




10.11.08

AS CASTAÑAS DO SEIS

MAGOSTO 2008

Este ano, ainda que con charcos, celebramos un bo magosto. Asamos castañas, comémolas, xogamos ao peón, ás bolas, á xoga-tira, a encestar castañas e a pasar a castaña xigante. Algúns e algunhas puxémonos negriños de todo, nen nos coñecían na nosa casa. Algunas mestras vestíronse de castañeiras.



A CASTAÑA EN GALICIA

Hai xa miles de anos que hai castañas en Galicia. Algúns expertos din que os castiñeiros veñen da zona de Oriente Medio(Turquía) e que de alí se espallaron por toda Europa. Na Idade Media, cando se construiron a meirande parte dos mosteiros de Galicia, os monxes foron limpando os montes de arredor e plantando máis ca nada castiñeiros e viñas. Deste xeito medraron moitos bosques de castiñeiros, que se chaman SOUTOS.
Ata hai uns douscentos anos en que se empezaron a sementar en Galicia as patacas traídas de América, as castañas eran o alimento principal dos galegos durante o inverno. Comíanse de moitos xeitos: asadas, cocidas, con leite, con mel,etc.Hai uns cen anos apareceu un fungo ( a TINTA ou filoxera) que se metía nos castiñeiros e facíaos apodrecer. Desapareceron miles de árbores.
O CASTIÑEIRO( Castanea Sativa) debe o seu nome á antiga cidade de Kastania, na península turca de Anatolia.Pode medrar cultivado ou asilvestrado.É unha árbore de folla caduca que vive entre o mar e os 1000m. de altura, en chans acedos. As follas son longas, grandes e de beiras dentadas, con peciolos curtos que lle caen todos os anos polo outono. A flor chámase CANDEA e cando está florida atrae moito ás abellas. Os froitos son os ourizos, verdes e con moitos pinchos, que se abren en catro partes soltando as castañas. A súa madeira é moi apreciada en mobles, portas, etc.
En algunhas zonas de Galicia guíndanse os ourizos ao chan coas baloiras,logo amoreanse nas ouriceiras, písanse e cando abren, cóllense e lévanse ao canizo para que sequen. Noutras zonas cóllense directamente do chan e lévanse para a bodega, fano diariamente pois os xabaríns acaban con elas.
A CASTAÑA é rica en vitaminas B,B,PP e C., mesmo asada ou cocida non perde a vitamina C..É pobre en sodio e rica en potasio, polo que a recomendan aos nefríticos, cardíacos, hipertensos, artríticos e reumáticos. Tamén contén importantes cantidades de ferro, manganeso,cobre,iodo, fósforo e calcio. Pero é preciso mastigala ben para que na súa asimilación evitar a formación de gases.
O MAGOSTO é unha festa de orixe pagá, posteriormente acristianada. É unha festividade solar relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, coma representación do sol, deus fecundador da terra. Debía considerarse coma un banquete funerario no que a castaña( medra, incha e reventa) e o viño (sangue da terra) podían simbolizar a morte e a vida.É unha comida que reforza os vencellos comunitarios e sociais sendo de acción de grazas polos froitos recolleitos.
Esta festa deu lugar a unha cultura gastronómica ( con receitas moi variadas) ,cantigas, ditos e refráns, adiviñas, etc.Tamén deu lugar a nomes de pobos ( Soutelo), apelidos ( Souto), etc.

24.10.08

O fiadeiro

Este e o noso blog de Normalización Lingüística

23.10.08

O SAMAÍN

Como todos os anos imos celebrar a recuperación do SAMAÍN coa participación de toda a Comunidade Educativa do Seis do Nadal.
Podedes ler a carta que lle enviamos este anos ás familias.

O FIADEIRO :EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA(ENDL)
A NOITE DO SAMAÍN.
AS CAVEIRAS DE CABAZAS.

Estimadas familias:
Como xa saben vostedes, a noite do 31 de outubro celébrase en tódolos países que tiveron que ver co mundo CELTA a noite do SAMAÍN, deus celta dos máis venerados naquel tempo. Nesta data comezaba un ano novo e facíase unha festa na honra dos difuntos, marcando a transición do outono ao inverno.
Así os espíritos dos difuntos tiñan autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos. Prendíanse nas lareiras lumes sagrados, facendo cacharelas con pólas de serbal e teixo.
O xogo de facer caveiras con cabazas áchase estendido por toda Galiza ( aquí moi perto, Navia, Alcabre, Nigrán), norte de Portugal, Cáceres, Áragón, Cuenca, Irlanda, Bretaña (Francia) e Gran Bretaña, que logo convertiron no Halloween ( “véspera de tódolos santos”). EEUU importou esta tradición e agora espállaa por todo o mundo como propia. A consecuencia é que coñecemos ésta e esquecemos a nosa, facendo que a nosa cultura desapareza para ter unha allea.
Foi pasando o tempo e este día converteuse para os nenos e nenas nun xogo, collendo cabazas e converténdeas en caveiras medoñentas. Abríanlles boca, naris, ollos, dentes de cans e iluminábanas cunha candea. Logo expúñanos nun camiño escuro, preferentemente perto do cemiterio, nas noites de outono, cando os días comenzan a minguar, cando sopra o vento e as árbores se desfan das follas, cando as mazarocas do millo se amorean nos canastros, o viño ferve e os ourizos dos castiñeiros se abren para ofrecernos os seus froitos. UUUhhhhhh!!!!!!
As cabazas saen das cabaceiras, que teñen unhas flores amarelas comestibles. Teñen moitos usos: poder servir de alimento para o gando, e para as persoas como sopas, cremas, doces, etc. As pébidas ou sementes pódense salgar e torrar coméndoas como froitos secos. Da cortiza extráese un aceite vexetal.
Ainda que sexan costumes adoitadas no medio rural, os nenos e nenas das cidades deben coñecelas e respectalas, defendendo a nosa riqueza cultural e non tendo que importar culturas alleas.

Virá unha persoa que lles vai ensinar aos nenos e nenas a tallar cabazas. Como sempre, faremos unha EXPOSICIÓN coas caveiras que fagan na casa cos seus fillos e fillas.O luns 27 xa se deben traer. É un bo momento, mentras a fan, para facela coas súas ideas , para que lle conten contos con moita imaxinación sobre o tema, e para mellorar a súa expresión no galego.
¡ Hai unhos doces moi ricos que se fan coa polpa cocida da cabaza,ovos, fariña e azucre! Estamos dispostos a probalos se alguén os trae feitos. UUUhhhmmmm!

Para aproveitar o papel, pedímoslle que por detrás os nenos e nenas debuxen a súa cabaza favorita e a traian ao cole para poñelas polo colexio adiante.

¡ A XOGAR COAS CABAZAS! ¡RECUPEREMOS O SAMAÍN !

22.10.08

26.5.08

Este é o blogue do ENDL do Ceip: Seis do Nadal de Vigo.Desculpade porque ainda estamos aprendendo a facelo

Correlingua

Este ano participamos por primeira vez nesta marcha festiva pola lingua galega. Como chovía non poidemos ir ata o Concello e fomos andando ata As Travesas para xuntarnos con todos e todas que viñan do Concello.

Do noso cole fomos máis de trescentos nenos e nenas, mestras e mestres, coidadoras e voluntarias.

Ao chegar ao Parque de Castrelos leuse o manifesto, houbo música e a compañía de teatro Chévere fixo unha representación que non poidemos ver moi ben por mor da choiva. Comemos mazás e plátanos e déronnos unha botella de auga.

Mirade algunhas fotos