20.1.11

CHEGOU O APALPADOR


XOGAMOS AOS BÓLOS CELTAS


OS XOGOS ESPECIAIS POPULARES


MURAL NA ENTRADA DOS XOGOS POPULARES

A ROUCHA


A PETANCA

A COMBA

A PATA DE GALO

ANTÓN PIRULEIRO

OS BOLOS CELTAS

A GOMA


OS PELOUROS


A SOGA-TIRA


A PORCA


OS SACA-PAUCIÑOS


A MARIOLA OU TRUCO


A BUXAINA, O TROMPO OU O PEÓN


O PANO


AS CARREIRAS DE SACOS


A CHAVE

A RA


19.1.11

OS XOGOS POPULARES GALEGOS


Este curso traballaremos colectivamente o tema de: “OS XOGOS POPULARES GALEGOS”, no primeiro trimestre, “CANTIGAS POPULARES GALEGAS”, e “CONTOS POPULARES GALEGOS” no terceiro trimestre.
Cada clase está traballando un xogo e facendo um mural coas normas que se expoñerán na entrada. Logo nos recreos xogarán e ensinarán a outros a xogar.
Escollemos este tema para que os nosos nenos e nenas coñezan esta parte da nosa cultura que desaparece se entre todos non a lembramos e a practicamos. Polo menos que saiban que existían outros xogos, as súas normas e se queren xogar que o podan facer.
O xogo é unha actividade presente en todos os pobos e culturas;e de xeito permanente na vida das persoas. É imprescindible para vivir e forma parte da educación. O xogo proporciona pracer, diversión, ledicia e certa evasión da realidade, necesaria para manter o equilibrio na vida.
Os xogos populares e tradicionais son aqueles que son practicados e coñecidos, en grande medida polo pobo, entre un determinado grupo social. Transmítense de xeración en xeración e perduran no tempo ainda que os valores culturais vanse modificando e transformando,por exemplo, xogos de labores no campo, de loita, de tiro de precisión, rurais e urbáns, etc. Teñen a posibilidade de poñer en contacto a rapaces e rapazas con outras xeneracións (pais, avós, bisavós,...)contribuindo a un enriquecemento interxeracional. Supoñen unha alternativa para a ocupación no tempo de lecer e na maior parte dos casos póñennos em contacto coa natureza. O carácter contractual das sortes favorece o diálogo e a aceptación das normas, ademais de enriquecer a linguaxe.
Como sempre, queremos pedirlles a súa colaboración para que busquen nas familias aqueles que xogaban a este tipo de xogos, que llo expliquen aos nenos e nenas e que se lles apetece , estaríamos encantados que llos viñesen contar ao colexio. Igualmente se saben como botar as sortes para escoller. Poden cubrir o papel que ven abaixo e darllo á titora ou titor para organizar a charla ou practicalo.

Os xogos que estamos traballando por clase son: As chapas, a corda, o peón (trompo), a Mariola, A Comba, A Chave, a Roucha (aro), O Pano, A Porca, A Petanca, Os Saca-pauciños, A Ra, Os Bolos celtas, A Pata de galo, Antón Piruleiro, Os Pelouros ou Coias, Carreiras de sacos, O Brilé. Seguro que vostedes saben mais ou moito dalgún destes. VEÑAN E CÓNTENNOLO!!!

Botar a sortes. Rei, rei, cantos anos vivirei."25, non o sei, 1,2,3,...

Donación ao colexio dun fermoso cadro do pintor vigués Ramón Méndez

Cando no curso pasado, co tema dos pintores galegos, lle puxemos o nome deste gran pintor a unha clase prometeunos un cadro del. o prometido foi débeda e apareceunos con este gran cadro de tanto valor no mercado. estámoslle moi agradecidos e desde aquí toda a Comunidade Educativa do Ceip Seis do Nadal llo agradece moito. Está na sala de Usos Múltiples para que todos e todas poidan gozar del.

SEMENTAMOS ACIVROS E LANDRAS

Os nenos e nenas de 1º coas profes Bea e Cris estivemos sementando acivros e tamén sementamos landras para que nazan carballos. Logo levarémolos ao monte para que medren e visitarémolos para coidalos.



PASODOBLE DA CASTAÑA DO SEIS

PASODOBLE DA CASTAÑA

A CASTAÑA NO OURIZO
QUIXO RIR E REGHAÑOU
DO CASTIÑEIRO CAEU
MIRA QUE GHOLPE LEVOU

COMICHELA CASTAÑA’
COMÍN, SÍ SEÑOR
DIME CON QUEN COMICHES
CO MEU AMIGO ANTÓN

UNHA,DÚAS,TRES CASTAÑAS
HABÍA NO CASTIÑEIRO
NO DÍA DE SAN MARTIÑO
ASARONSE NA FOGUEIRA

COMÍCHELA CASTAÑA?
COMÍN ABOFÉ
DIME CON QUEN COMICHES
CO AMIGO XOSÉ

NON CHAS QUERO, NON CHAS QUERO
CASTAÑAS DO TEU MAGOSTO,
NON CHAS QUERO , NON CHAS QUERO
QUE ME CHEIRAN A CHAMOSCO

COMÍCHELA CASTAÑA?
COMINA COM PAN
DIME ONDE A COMICHES
NO SEIS DO NADAL

A CASTAÑA NO OURIZO
EU BEN SEI O QUE ELA FAI
CANDO ESTÁ VERDE , MADURA
E CANDO ESTÁ MADURA CAE.

COMÍCHELA CASTAÑA?
COMINA CON PAN
DIME ONDE A COMICHES
NO SEIS DO NADAL.

Música: “ A saia da Carolina”
Letra: Arranxos de Loli Valencia.