25.5.09

CORRELINGUA 2009

Fomos a unha marcha para facer unha festa da lingua galega.





PINTAMOS O MAIO

Pintamos o "Maio do Seis"




Historia sobre "As festas do ciclo de Maio":

Aínda que non están moi claras as súas orixes parece indiscutible a celebración do espertar da natureza,a protección de vexetais e animais,o inicio do amor nun contexto dinamizado pola ledicia diante do alborexar da vida nova.

En Galicia hai varias manifestacións:

-Manifestacións agrarias:alumear o pan(Outes,Rois e Negreira),os ramos(xestas ou codesos nas terras despois de sementalas).

-Manifestacións pecuarias:enfeitar con flores o gando,as cortes ou apeiros de labranza.

-Manifestacións mariñeiras:ramos nos barcos ou maios en forma de barco.

-Manifestacións lúdicas:os arcos(nas prazas e camiños),a árbore de maio(árbore moi alta con pólas só no curuto no que se colgaba un boneco),os maios(maios humanos-persoas cubertas de ramiños e flores-,maios figurados-figuras cónicas ou piramidais cubertas con ramiños e flores,arredor dos cales se cantan coplas-a As Maias-pagás(nenas pedindo froitos e diñeiro) e cristiás(altares engalanados con flores diante da Virxe).

-Manifestacións amorosas:os primeiros días de maio eran moi axeitados para o amor e a galantería.Os mozos fanlle as beiras ás mozas e namóranas.

-Manifestacións cristiás ou cristianizadas:O Santoral(moitos santos fixéronse cargo da protección de cultivos,animais e sementes),Ramos,cruces e benzóns(a auga bendita,a poliña de oliveira..),As cruces de maio(O 3 de maio foi mudando para facer a exaltación de santa Cruz),Ramos procesionais(procesións portando ramiños e ofrecéndollos aos santos e a Virxe),escenificacións relixiosas(Só se conservan en Laza-Ourense-é unha representación de Adán e Eva mesturado con danzas e os mouros e os cristiáns).