15.11.11

OS NENOS E NENAS DE E.ESPECIAL PINTAMOS UN MURAL DE VIGO

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN ESPECIAL PINTAN O MURAL DA CIDADE E O PORTO DE VIGO PARA IRLLE COMPLETANDO LOGO CON PERSONAXES PROPIAS.

EDUCACIÓN VIARIA

VIÑERON OS POLICÍAS DO CONCELLO DE VIGO A EXPLICARNOS AOS DE 5º COMO NOS TEMOS QUE MOVER POLA CIDADE, RESPECTANDO SEMPRE OS SINAIS.

10.11.11

SAMAIN 2

MÁIS CABAZAS. ALGUNHAS DAN MEDO! UHHHHHHHH!

O NOSO SAMAÍN 1

Moito traballaron as familias cos nenos e nenas! Así de fermosa e grande nos quedou a exposición. Ata saimos nun xornal de Vigo!

O SAMAÍN DO SEIS

A NOITE DO SAMAÍN. 2011 AS CAVEIRAS DE CABAZAS. Estimadas familias: Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as xoldras festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: a maioría das veces para render contas inacabadas. N a páxina bibliovictorsaenz.blogspot.com é interesante: • http://www.cubpack81.com/images/carve_pumpkin.swf ( para tallar caveiras no ordenador) • As Unidades Didácticas da web do Norberto. • A webquest sobre o Samaín. • O xogo do Samaín. • O video e a letra da Canción do Samaín de Mamá Cabra. http://www.youtube.com/watch?v=x_6qK2wiB44 ( video e canción de “Corre corre Cabaciña”) www.blogoteca.com/orecantodemik/ e senon, con poner en google: Recursos para o Samaín, xa está. Como sempre, faremos unha EXPOSICIÓN coas caveiras que fagan na casa cos seus fillos e fillas.Hai que traelas o luns, 24. Mentras a fan pódenlle contar contos sobre o tema ou botarlle imaxinación e inventar outros . Así melloran a súa expresión no galego, que lles fai boa falta. ¡ Hai unhos doces moi ricos que se fan coa polpa cocida da cabaza,ovos, fariña e azucre! Estamos dispostos a probalos se alguén os trae feitos. UUUhhhmmmm! Para aproveitar o papel, pedímoslle que por detrás os nenos e nenas recheen e adornen a súa cabaza favorita .Logo hai que pegala ,deixando un espazo para meterlle un fío e traela ao cole, recortada, para poñelas polo colexio adiante.

SAÍDA Á BOUZA: COMEZAMOS A COÑECER A NOSA CIDADE.

Os nenos e nenas de 4º fixemos unha saída moi interesante: fomos coñecer un dos poucos, ou único, parque natural que hai en Vigo: A BOUZA. Nel medran árbores, arbustos e prantas que medraron ceibes. Tamén hai unhas charcas que teñen rás e outros bichiños. Hai moitos carballos que dan unha sombra moi boa. E ata hai ortigas! levamos follas e flores para o cole e facer murais con elas. Temos que coidar este espazo natural para que cada vez estea mellor e poidamos disfrutar dela todos os vigueses e viguesas. Canto aprendemos!!!