24.10.08

O fiadeiro

Este e o noso blog de Normalización Lingüística

23.10.08

O SAMAÍN

Como todos os anos imos celebrar a recuperación do SAMAÍN coa participación de toda a Comunidade Educativa do Seis do Nadal.
Podedes ler a carta que lle enviamos este anos ás familias.

O FIADEIRO :EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA(ENDL)
A NOITE DO SAMAÍN.
AS CAVEIRAS DE CABAZAS.

Estimadas familias:
Como xa saben vostedes, a noite do 31 de outubro celébrase en tódolos países que tiveron que ver co mundo CELTA a noite do SAMAÍN, deus celta dos máis venerados naquel tempo. Nesta data comezaba un ano novo e facíase unha festa na honra dos difuntos, marcando a transición do outono ao inverno.
Así os espíritos dos difuntos tiñan autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos. Prendíanse nas lareiras lumes sagrados, facendo cacharelas con pólas de serbal e teixo.
O xogo de facer caveiras con cabazas áchase estendido por toda Galiza ( aquí moi perto, Navia, Alcabre, Nigrán), norte de Portugal, Cáceres, Áragón, Cuenca, Irlanda, Bretaña (Francia) e Gran Bretaña, que logo convertiron no Halloween ( “véspera de tódolos santos”). EEUU importou esta tradición e agora espállaa por todo o mundo como propia. A consecuencia é que coñecemos ésta e esquecemos a nosa, facendo que a nosa cultura desapareza para ter unha allea.
Foi pasando o tempo e este día converteuse para os nenos e nenas nun xogo, collendo cabazas e converténdeas en caveiras medoñentas. Abríanlles boca, naris, ollos, dentes de cans e iluminábanas cunha candea. Logo expúñanos nun camiño escuro, preferentemente perto do cemiterio, nas noites de outono, cando os días comenzan a minguar, cando sopra o vento e as árbores se desfan das follas, cando as mazarocas do millo se amorean nos canastros, o viño ferve e os ourizos dos castiñeiros se abren para ofrecernos os seus froitos. UUUhhhhhh!!!!!!
As cabazas saen das cabaceiras, que teñen unhas flores amarelas comestibles. Teñen moitos usos: poder servir de alimento para o gando, e para as persoas como sopas, cremas, doces, etc. As pébidas ou sementes pódense salgar e torrar coméndoas como froitos secos. Da cortiza extráese un aceite vexetal.
Ainda que sexan costumes adoitadas no medio rural, os nenos e nenas das cidades deben coñecelas e respectalas, defendendo a nosa riqueza cultural e non tendo que importar culturas alleas.

Virá unha persoa que lles vai ensinar aos nenos e nenas a tallar cabazas. Como sempre, faremos unha EXPOSICIÓN coas caveiras que fagan na casa cos seus fillos e fillas.O luns 27 xa se deben traer. É un bo momento, mentras a fan, para facela coas súas ideas , para que lle conten contos con moita imaxinación sobre o tema, e para mellorar a súa expresión no galego.
¡ Hai unhos doces moi ricos que se fan coa polpa cocida da cabaza,ovos, fariña e azucre! Estamos dispostos a probalos se alguén os trae feitos. UUUhhhmmmm!

Para aproveitar o papel, pedímoslle que por detrás os nenos e nenas debuxen a súa cabaza favorita e a traian ao cole para poñelas polo colexio adiante.

¡ A XOGAR COAS CABAZAS! ¡RECUPEREMOS O SAMAÍN !

22.10.08