25.11.10

O CASTIÑEIRO DO SEIS: 4ª PARTE

AO PRIMEIRO CICLO TOCOUNOS FACER CASTAÑAS. SEMELLAN CASTAÑAS DE VERDADE!!!


O CASTIÑEIRO DO SEIS : 3ª PARTE

Ás nenas e nenos de Educación Infantil tocounos facer as follas do castiñeiro, pintalas e pegalas. Pasámolo moi ben facéndoas.

O CASTIÑEIRO DO SEIS :2ª PARTE

Os nenos e nenas de Educación Especial pintamos o chan do castiñeiro. E que ben nos quedou!!!

O CASTIÑEIRO DO SEIS: 1ª PARTE

OS E AS DO 3º FAN O TRONCO DO CASTIÑEIRO.


18.11.10

AS CASTAÑEIRAS DO MAGOSTO DOS SEIS

A que somos unhas castañeiras ben guapas!

...E OS DE INFANTIL TAMÉN XOGAMOS, SALTAMOS, ENCESTAMOS, E...COMEMOS CASTAÑAS ASADAS.

Os pequechos e pequechas do Ensino Infantil tamén tivemos os nosos xogos: saltamos, encestamos castañas nun caldeiro e un aro nun cono de xinasia. Seremos uns grandes atletas, ah...e tamén comemos castañas, peladas polas profes para que non nos queimaramos.

17.11.10

...E TAMÉN A ENCESTAR CASTAÑAS!!!

Encestamos castañas pero non era tan doado, saían das caixas para fóra. Era preciso facelo con moito tino e a modo. Ainda encestamos algunhas!

...E TAMÉN AOS BIRLOS.

Xogamos aos birlos e fíxémolo bastante ben. Ainda atinabamos ben coa bola!!!


...E TAMÉN AO PANO

No xinasio xogamos ao pano. Canto corremos meu deus!!!

...E TAMÉN AS BÓLAS

E volvemos lembrar como se xoga ás bólas. Están moi ben estes xogos.

...E TAMÉN AOS IO-IÓS.

Pasámolo moi ben cos ió-iós, ainda que era difícil controlalos. Precisamos máis práctica.

12.11.10

XOGAMOS AOS PEÓNS


CHEGOU A HORA: A COMERRRRRRRRRR!!!


Que boas están, que ricas. Os profes e as profes asáronas moi ben!!

XA CHEIRA O FUME E AS CASTAÑAS VAN REGAÑANDO!!!



PREPARAMOS AS FOGUEIRAS.

Con leña e carbón prendemos lume no bidón e remexamos,remexamos para que as castañas comamos.



11.11.10

5 DE NOVEMBRO: MAGOSTO NO SEIS!!!

O venres, día 5, se non chove, imos celebrar o Magosto. Faremos xogos populares con castañas, asaremos castañas, tiznarémonos, bailaremos, etc, en fin, procuraremos pasalo o mellor posible. Cada curso terá o seu bidón e a súa tixola para facer o lume. Os nenos e nenas teñen que aportar un cuarto de kilos de castañas, aprox, xa amoxetadas para que non estouren e tamén leña, podendo ser delgada, para que queime máis axiña. É mellor que este día traian roupa o máis cómoda posible e que non haxa problema con manchala. Cóntenlle aos nenos e nenas como celebraban vostedes o Magosto, se o facían, onde, como, etc para que eles tamén vaian coñecendo a nosa historia e a importancia das castañas na vida dos galegos e galegas.
Xogaremos ao peón ,ás bólas, aos io-ios, á palma, ao pano e á rá, rotando todos e todas polas diferentes estacións.Dentro do posible faremos cos máis pequechos saias e diademas coas follas de castiñeiro e colares de castañas, que tamén poden traer feitos da casa.
Moitas grazas pola súa axuda e colaboración.

É TEMPO DE MAGOSTO! COMAMOS CASTAÑAS ARREO.

A CASTAÑA EN GALICIA

Hai xa miles de anos que hai castañas en Galicia. Algúns expertos din que os castiñeiros veñen da zona de Oriente Medio(Turquía) e que de alí se espallaron por toda Europa. Na Idade Media, cando se construiron a meirande parte dos mosteiros de Galicia, os monxes foron limpando os montes de arredor e plantando máis ca nada castiñeiros e viñas. Deste xeito medraron moitos bosques de castiñeiros, que se chaman SOUTOS.
Ata hai uns douscentos anos en que se empezaron a sementar en Galicia as patacas traídas de América, as castañas eran o alimento principal dos galegos durante o inverno. Comíanse de moitos xeitos: asadas, cocidas, con leite, con mel,etc.Hai uns cen anos apareceu un fungo ( a TINTA ou filoxera) que se metía nos castiñeiros e facíaos apodrecer. Desapareceron miles de árbores.
O CASTIÑEIRO( Castanea Sativa) debe o seu nome á antiga cidade de Kastania, na península turca de Anatolia.Pode medrar cultivado ou asilvestrado.É unha árbore de folla caduca que vive entre o mar e os 1000m. de altura, en chans acedos. As follas son longas, grandes e de beiras dentadas, con peciolos curtos que lle caen todos os anos polo outono. A flor chámase CANDEA e cando está florida atrae moito ás abellas. Os froitos son os ourizos, verdes e con moitos pinchos, que se abren en catro partes soltando as castañas. A súa madeira é moi apreciada en mobles, portas, etc.
En algunhas zonas de Galicia guíndanse os ourizos ao chan coas baloiras,logo amoreanse nas ouriceiras, písanse e cando abren, cóllense e lévanse ao canizo para que sequen. Noutras zonas cóllense directamente do chan e lévanse para a bodega, fano diariamente pois os xabaríns acaban con elas.
A CASTAÑA é rica en vitaminas B,B,PP e C., mesmo asada ou cocida non perde a vitamina C..É pobre en sodio e rica en potasio, polo que a recomendan aos nefríticos, cardíacos, hipertensos, artríticos e reumáticos. Tamén contén importantes cantidades de ferro, manganeso,cobre,iodo, fósforo e calcio. Pero é preciso mastigala ben para que na súa asimilación evitar a formación de gases.
O MAGOSTO é unha festa de orixe pagá, posteriormente acristianada. É unha festividade solar relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, coma representación do sol, deus fecundador da terra. Debía considerarse coma un banquete funerario no que a castaña( medra, incha e reventa) e o viño (sangue da terra) podían simbolizar a morte e a vida.É unha comida que reforza os vencellos comunitarios e sociais sendo de acción de grazas polos froitos recolleitos.
Esta festa deu lugar a unha cultura gastronómica ( con receitas moi variadas) ,cantigas, ditos e refráns, adiviñas, etc.Tamén deu lugar a nomes de pobos ( Soutelo), apelidos ( Souto), etc.

Imos facer na entrada un Castiñeiro do Seis espectacular!!!!!!!!!!!

EXPOSICIÓN DE CAVEIRAS.

As familias traballaron moito cos nenos e nenas facendo os debuxos das caveiras e tallándoas

10.11.10

TALLEMOS CAVEIRAS!!!

CHEGA O SAMAÍN: UUUHHH, MAMASIÑA, QUE MEDO!!!

A NOITE DO SAMAÍN.
AS CAVEIRAS DE CABAZAS.
Estimadas familias:
Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Na páxina: bibliovictorsaenz.blogspot.com é interesante:
• http://www.cubpack81.com/images/carve_pumpkin.swf ( para tallar caveiras no ordenador)
• As Unidades Didácticas da web do Norberto.
• A webquest sobre o Samaín.
• O xogo do Samaín.
• O video e a letra da Canción do Samaín de Mamá Cabra.
http://www.youtube.com/watch?v=x_6qK2wiB44 ( video e canción de “Corre corre Cabaciña”)

Como sempre, faremos unha EXPOSICIÓN coas caveiras que fagan na casa cos seus fillos e fillas.A partires de mañá xa se poden traer. É un bo momento, mentras a fan, para facela coas súas ideas , para que lle conten contos con moita imaxinación sobre o tema, e para mellorar a súa expresión no galego.
¡ Hai unhos doces moi ricos que se fan coa polpa cocida da cabaza,ovos, fariña e azucre! Estamos dispostos a probalos se alguén os trae feitos. UUUhhhmmmm!
Para aproveitar o papel, pedímoslle que por detrás os nenos e nenas rechen e adornen a súa cabaza favorita e a traian ao cole, recortada, para poñelas polo colexio adiante.

COMEZO DO CURSO,UAU!!!!


BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2010-2011

BENVIDOS E BENVIDAS A ESTE NOVO CURSO

Saúde para a nosa lingua!!!

21.5.10

20.5.10

DÍA DO LIBRO

Este ano celebramos un día do libro ben simpático. Os nenos e nenas maiores fixeron de madriñas e padriños e léronnos un libro no patio, logo nós démoslle un agasallo. Queremos que se repita máis veces!!!!!






10.5.10

"A FANTASTICA VIAXE DE PATRI"

Os alumnos e alumnas de educación infantil foron ao Verbum e participaron nunha actividade organizada polo Concello,"Contos para falar",A fantástica viaxe de Patri".Despois de pasalo moi ben,déronnos como agasallo un conto e un cd.





CONTACONTOS

Educación Infantil aisitiu a un contacontos que,con animación musical ,contounos contos solidarios.¡Que ben o pasamos!


6.5.10

FLORES ESPACIAIS

Loli e Bea fixéronnos unha flores espaciais riquísimas. Noraboa ás cociñeiras! Poden repetilo máis a miúdo!!!!!!

27.4.10

VISITA Á "RÚA EDUCONSUMO" NO IFEVI

Os nenos e nenas de 3º fomos ao IFEVI para aprender cousas sobre o consumo e que temos que ser uns consumidores críticos e responsabeis, non deixándonos guiar pola publicidade.
Era unha rúa na que había un Supermercadono que fixemos unha compra responsable, unha tenda de roupa na que analizamos as etiquetas, unha oficiña dunha caixa de aforros para ver como son as tarxetas de crédito e como funcionan; unha Oficiña de Consumo á que se pode acudir se teñen que facer reclamacións, unha sala de mediación e arbitraxe onde resolvemos algún conflicto, unha tenda de comercio xusto, unha sala de exposicións con traballos premiados, traballos artesáns con liño e unha tenda de productos galegos de calidade. Estivo moi ben o conto que nos contou Anxo para coidar o Planeta Terra. Ata vimos despegar un avión en Peinador!!!


OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

Os nenos e nenas de 5º estivemos aprendendo como se fai unha banda deseñada co gran debuxante Fernando Iglesias. Foi marabilloso!



19.4.10

COPLAS 2010

ENTROIDAMOS NO CEO E NA TERRA

GÜI, GÜI, GÜI
OS DO ENTROIDO
OS DO ENTROIDO
GÜI,GÜI,GÜI
OS DO ENTROIDO
ESTAMOS EIQUÍ

XA ESTÁN OS DO SEIS
OUTRA VEZ NA RÚA
ESTE ANO TOCA
O ESPACIO E A LÚA

GÜI, GÜI, GÜI...

OS DE INFANTIL
IMOS DE HEROES
DE TODO O ESPACIO
SOMOS OS MELLORES

GÜI, GÜI, GÜI...

SOLES E LÚAS
ATOPAREDES EN ESPECIAL
EN TODO O UNIVERSO
NON HAI NINGUÉN IGUAL

GÜI, GÜI, GÜI...

SOMOS MASCARIÑAS
TODAS DIFERENTES
E ISO NOS CONVIRTE
EN EXTRATERRESTRES

GÜI, GÜI, GÜI…

SOMOS MASCARIÑAS
TODAS DIFERENTES
PORQUE O QUE NOS MOLA
É O ENTROIDO DE SEMPRE

GÜI, GÜI, GÜI…

OS DE SEGUNDO A
IMOS DE NOITE ESCURA
PARA NON TROPEZAR
LEVAMOS O LUAR

GÜI, GÜI, GÜI…
OS DE 2º B
IMOS ESTRELADOS
COMO PODES VER
TAMÉN PRATEADOS

GÜI, GÜI, GÜI
OS ASTRONAUTAS
OS ASTRONAUTAS
GÜI,GÜI,GÜI
OS ASTRONAUTAS
ESTAMOS EIQUÍ

LÚA LUEIRA
CASCABELEIRA
QUE VEÑA CON 3º
TODO AQUEL QUE QUEIRA

GÜI, GÜI, GÜI
OS ASTRONAUTAS
OS ASTRONAUTAS
GÜI,GÜI,GÜI
OS ASTRONAUTAS
ESTAMOS EIQUÍ

LÚA LUEIRA
LÚA LUÍÑA
COMO ERES TAN VELLA
ESTÁS CANSADIÑA

GÜI, GÜI, GÜI
OS ASTRONAUTAS
OS ASTRONAUTAS
GÜI,GÜI,GÜI
OS ASTRONAUTAS
ESTAMOS EIQUI

DESPOIS DE ESTAR NA LÚA
IREMOS A PLUTÓN
E TODOS MOI CONTENTOS
XOGAREMOS CO BALÓN

GÜI, GÜI, GÜI
OS ASTRONAUTAS
OS ASTRONAUTAS
GÜI,GÜI,GÜI
OS ASTRONAUTAS
ESTAMOS EIQUÍ

NA ESFERA CELESTE
ESTAMOS DEBUXADOS
DOCE SIMBOLIÑOS
SUPER ESTRELADOS

GÜI, GÜI, GÜI
OS DO ZODIACO
GÜI, GÜI, GÜI
OS DO ZODIACO
ESTAMOS EIQUÍ

SOMOS OS DE 5º
XA NOS COÑECEDES
IMOS DE PLANETAS
NA RÚA NOS VEREDES

GÜI, GÜI, GÜI...

IMOS DE PLANETAS
PORQUE CHEGA O ENTROIDO
CANTAMOS E BAILAMOS
MOI BEN O PASAMOS

GÜI, GÜI, GÜI...

NÓS, OS MAIORES
IMOS DE MERLÍNS
COMPASES E CATALEXOS
ABONDO HAI EIQUÍ

ENTROIDO 2010

ESTE CURSO ADICAMOS O NOSO ENTROIDO AO UNIVERSO.
EN EDUCACIÓN INFANTIL FOMOS DE HEROES ESPACIAIS, OS DE PRIMEIRO DE MARCIANOS, OS SEGUNDOS DE ESTRELAS, OS TERCEIROS DE ASTRONAUTAS,OS CUARTOS DE CONSTELACIÓNS,OS QUINTOS DE PLANETAS E OS SEXTOS DE MERLÍNS.
FIXEMOS O NOSO DESFILE POLAS RÚAS.E PARA REMATAR UNHA MERENDOLA CON FILLOAS,ORELLAS,FLORES,...............¡UHH...............!TODO ESTABA BOÍSIMO!!!!!!!!



OS MANDADIÑOS DO MECO

OS MANDADIÑOS DO MECO FORON:
LUNS, DÍA 8
DIXERON NO SEIS
QUE NO CEO ESTÁN,
QUE O LUNS NA CABEZA
ALGO DEBES LEVAR

MARTES, DÍA 9
O MARTES NOVE
DESPOIS DO ALMORZO
LUCIRÁ O SOL
SE POMOS ALGO NO PESCOZO

MÉRCORES, DÍA 10
SE QUERES VIAXAR Á LÚA
ADORNA BEN A TÚA CINTURA

XOVES, DÍA 11
O ASTRONAUTA CAIRÁ DO REVÉS
SE O XOVES NON TRAS ALGO NOS PÉS.



4.2.10

DIA DA PAZ

Decoramos a entrada do cole coa palabra "PAZ" en varios idiomas e o noso universo con palomas e debuxos alusivos ao tema.En educación infantil fixemos unhas viseiras.
E o venres celebramos o día da Paz,facendo voar as nosas cometas con mensaxes de paz,amor,amizade,sorrisos,.....






3.2.10

DEBUXOS AO APALPADOR


CARTAS AO APALPADOR

Os nenos e nenas de 3º, 4º ,5º e 6º escribímoslle ao APALPADOR pedíndolle os nosos desexos e para que nos dea sorte no ano 2010.


12.1.10

FELICITACION DO FIADEIRO (Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización ¨Lingüística)

BELÉN 2009

Este ano correspondeulle ao nivel de E. Infantil facer o Belén cos seus nenos e nenas. Deulles moito traballo convertir a entrada nun gran universo pero quedou espectacular.As persoaxes foron xoguetes pequeniños que trouxeron os cativos e cativas de Infantil. Seguro que xa lles copiaron a idea. Feliz Ano 2010!!!!!!


SOMOS ESPACIAIS E MOI ESPECIAIS!!!!

Montamos entre todos e todas no pasillo VIP de E.Especial un gran Sistema Solar para que poidamos disfrutar e aprender moito.


POSTAIS DE NADAL

Divertímonos moito facendo as postais este ano, quedáronnos moi fermosas e tiñan mensaxes moi bonitas.


11.1.10

O APALPADOR




O Apalpador

Nestas festas queremos recuperar esta figura mítica do Nadal Galego que, ademais potencia os valores contrários ao consumismo,defendendo agasallos da terra e feitos na casa, non nos centros comerciais.
O Apalpador ou Pandigueiro era un home xigante e boíño que vivía do carbón para quentar as casas nas devesas das montañas do leste de Galicia ( O Courel, Terra de Trives, o Bierzo) que baixaba ás aldeas o 25 de decembro a apalpar as barrigas dos nenos e nenas mentras estaban durmindo. Decíalles: “ así, así esteas todo o ano”. Deste xeito sabía se comeran o suficiente durante todo o ano, e deixáballes unha presa de castañas , algún agasallo e desexándolles que tiveran un ano novo cheo de ledicia e comida.
Para tranquilizar aos rapaces bulideiros póla inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantábanlles moitas cantigas.
Pódese saber mais deste tema no http://www.oapalpador.com/. Aqui hai moita mais información e está descargado em pdf o libro : “ O Apalpador” de Xoán González Otero na Editorial Biblos.
Os cursos ata 3º traerán o debuxo coloreado como queiran para facer unha exposición e o resto dos cursos unha carta para o Apalpador cós desexos para eles, a súa família e o mundo. Enviarémosllas póla páxina web e algunha poñerela no blogue do fiadeiro.

FELICITACION DO NADAL E ANINOVO 2010

NADAL 2009: "O CEO E A TERRA"