11.11.10

5 DE NOVEMBRO: MAGOSTO NO SEIS!!!

O venres, día 5, se non chove, imos celebrar o Magosto. Faremos xogos populares con castañas, asaremos castañas, tiznarémonos, bailaremos, etc, en fin, procuraremos pasalo o mellor posible. Cada curso terá o seu bidón e a súa tixola para facer o lume. Os nenos e nenas teñen que aportar un cuarto de kilos de castañas, aprox, xa amoxetadas para que non estouren e tamén leña, podendo ser delgada, para que queime máis axiña. É mellor que este día traian roupa o máis cómoda posible e que non haxa problema con manchala. Cóntenlle aos nenos e nenas como celebraban vostedes o Magosto, se o facían, onde, como, etc para que eles tamén vaian coñecendo a nosa historia e a importancia das castañas na vida dos galegos e galegas.
Xogaremos ao peón ,ás bólas, aos io-ios, á palma, ao pano e á rá, rotando todos e todas polas diferentes estacións.Dentro do posible faremos cos máis pequechos saias e diademas coas follas de castiñeiro e colares de castañas, que tamén poden traer feitos da casa.
Moitas grazas pola súa axuda e colaboración.

No hay comentarios: