11.11.10

É TEMPO DE MAGOSTO! COMAMOS CASTAÑAS ARREO.

A CASTAÑA EN GALICIA

Hai xa miles de anos que hai castañas en Galicia. Algúns expertos din que os castiñeiros veñen da zona de Oriente Medio(Turquía) e que de alí se espallaron por toda Europa. Na Idade Media, cando se construiron a meirande parte dos mosteiros de Galicia, os monxes foron limpando os montes de arredor e plantando máis ca nada castiñeiros e viñas. Deste xeito medraron moitos bosques de castiñeiros, que se chaman SOUTOS.
Ata hai uns douscentos anos en que se empezaron a sementar en Galicia as patacas traídas de América, as castañas eran o alimento principal dos galegos durante o inverno. Comíanse de moitos xeitos: asadas, cocidas, con leite, con mel,etc.Hai uns cen anos apareceu un fungo ( a TINTA ou filoxera) que se metía nos castiñeiros e facíaos apodrecer. Desapareceron miles de árbores.
O CASTIÑEIRO( Castanea Sativa) debe o seu nome á antiga cidade de Kastania, na península turca de Anatolia.Pode medrar cultivado ou asilvestrado.É unha árbore de folla caduca que vive entre o mar e os 1000m. de altura, en chans acedos. As follas son longas, grandes e de beiras dentadas, con peciolos curtos que lle caen todos os anos polo outono. A flor chámase CANDEA e cando está florida atrae moito ás abellas. Os froitos son os ourizos, verdes e con moitos pinchos, que se abren en catro partes soltando as castañas. A súa madeira é moi apreciada en mobles, portas, etc.
En algunhas zonas de Galicia guíndanse os ourizos ao chan coas baloiras,logo amoreanse nas ouriceiras, písanse e cando abren, cóllense e lévanse ao canizo para que sequen. Noutras zonas cóllense directamente do chan e lévanse para a bodega, fano diariamente pois os xabaríns acaban con elas.
A CASTAÑA é rica en vitaminas B,B,PP e C., mesmo asada ou cocida non perde a vitamina C..É pobre en sodio e rica en potasio, polo que a recomendan aos nefríticos, cardíacos, hipertensos, artríticos e reumáticos. Tamén contén importantes cantidades de ferro, manganeso,cobre,iodo, fósforo e calcio. Pero é preciso mastigala ben para que na súa asimilación evitar a formación de gases.
O MAGOSTO é unha festa de orixe pagá, posteriormente acristianada. É unha festividade solar relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, coma representación do sol, deus fecundador da terra. Debía considerarse coma un banquete funerario no que a castaña( medra, incha e reventa) e o viño (sangue da terra) podían simbolizar a morte e a vida.É unha comida que reforza os vencellos comunitarios e sociais sendo de acción de grazas polos froitos recolleitos.
Esta festa deu lugar a unha cultura gastronómica ( con receitas moi variadas) ,cantigas, ditos e refráns, adiviñas, etc.Tamén deu lugar a nomes de pobos ( Soutelo), apelidos ( Souto), etc.

Imos facer na entrada un Castiñeiro do Seis espectacular!!!!!!!!!!!

No hay comentarios: