19.1.11

OS XOGOS POPULARES GALEGOS


Este curso traballaremos colectivamente o tema de: “OS XOGOS POPULARES GALEGOS”, no primeiro trimestre, “CANTIGAS POPULARES GALEGAS”, e “CONTOS POPULARES GALEGOS” no terceiro trimestre.
Cada clase está traballando un xogo e facendo um mural coas normas que se expoñerán na entrada. Logo nos recreos xogarán e ensinarán a outros a xogar.
Escollemos este tema para que os nosos nenos e nenas coñezan esta parte da nosa cultura que desaparece se entre todos non a lembramos e a practicamos. Polo menos que saiban que existían outros xogos, as súas normas e se queren xogar que o podan facer.
O xogo é unha actividade presente en todos os pobos e culturas;e de xeito permanente na vida das persoas. É imprescindible para vivir e forma parte da educación. O xogo proporciona pracer, diversión, ledicia e certa evasión da realidade, necesaria para manter o equilibrio na vida.
Os xogos populares e tradicionais son aqueles que son practicados e coñecidos, en grande medida polo pobo, entre un determinado grupo social. Transmítense de xeración en xeración e perduran no tempo ainda que os valores culturais vanse modificando e transformando,por exemplo, xogos de labores no campo, de loita, de tiro de precisión, rurais e urbáns, etc. Teñen a posibilidade de poñer en contacto a rapaces e rapazas con outras xeneracións (pais, avós, bisavós,...)contribuindo a un enriquecemento interxeracional. Supoñen unha alternativa para a ocupación no tempo de lecer e na maior parte dos casos póñennos em contacto coa natureza. O carácter contractual das sortes favorece o diálogo e a aceptación das normas, ademais de enriquecer a linguaxe.
Como sempre, queremos pedirlles a súa colaboración para que busquen nas familias aqueles que xogaban a este tipo de xogos, que llo expliquen aos nenos e nenas e que se lles apetece , estaríamos encantados que llos viñesen contar ao colexio. Igualmente se saben como botar as sortes para escoller. Poden cubrir o papel que ven abaixo e darllo á titora ou titor para organizar a charla ou practicalo.

Os xogos que estamos traballando por clase son: As chapas, a corda, o peón (trompo), a Mariola, A Comba, A Chave, a Roucha (aro), O Pano, A Porca, A Petanca, Os Saca-pauciños, A Ra, Os Bolos celtas, A Pata de galo, Antón Piruleiro, Os Pelouros ou Coias, Carreiras de sacos, O Brilé. Seguro que vostedes saben mais ou moito dalgún destes. VEÑAN E CÓNTENNOLO!!!

Botar a sortes. Rei, rei, cantos anos vivirei."25, non o sei, 1,2,3,...

No hay comentarios: