
É O BLOGUE DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP:" SEIS DO NADAL"
12.1.10
BELÉN 2009
SOMOS ESPACIAIS E MOI ESPECIAIS!!!!
POSTAIS DE NADAL
11.1.10
O APALPADOR

O Apalpador
Nestas festas queremos recuperar esta figura mítica do Nadal Galego que, ademais potencia os valores contrários ao consumismo,defendendo agasallos da terra e feitos na casa, non nos centros comerciais.
O Apalpador ou Pandigueiro era un home xigante e boíño que vivía do carbón para quentar as casas nas devesas das montañas do leste de Galicia ( O Courel, Terra de Trives, o Bierzo) que baixaba ás aldeas o 25 de decembro a apalpar as barrigas dos nenos e nenas mentras estaban durmindo. Decíalles: “ así, así esteas todo o ano”. Deste xeito sabía se comeran o suficiente durante todo o ano, e deixáballes unha presa de castañas , algún agasallo e desexándolles que tiveran un ano novo cheo de ledicia e comida.
Para tranquilizar aos rapaces bulideiros póla inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantábanlles moitas cantigas.
Pódese saber mais deste tema no http://www.oapalpador.com/. Aqui hai moita mais información e está descargado em pdf o libro : “ O Apalpador” de Xoán González Otero na Editorial Biblos.
Os cursos ata 3º traerán o debuxo coloreado como queiran para facer unha exposición e o resto dos cursos unha carta para o Apalpador cós desexos para eles, a súa família e o mundo. Enviarémosllas póla páxina web e algunha poñerela no blogue do fiadeiro.